No recinto feiral do concello coruñés de Santa Comba desenvolverase este domingo a 23.ª edición da Poxa de Gando Frisón. O acto celebrarse a partir das 11:00 h. O día anterior está prevista a chegada dos animais para o pertinente control veterinario e o seu aloxamento.
Paralelamente á subasta, a mañá do venres 24 de xaneiro organizaranse unhas xornadas técnicas sobre gando leiteiro. Este encontro terá lugar no Auditorio do Edificio Multiusos de Santa Comba.
No primeiro relatorio, organizado pola ADSG Santa Comba, participará Raúl Martínez para falar sobre enfermidades emerxentes (EHE e lingua azul). Posteriormente, da man de Africor Coruña, intervirá José Antonio Jiménez Montero, coa súa charla titulada "Xenómica, deseña as vacas do futuro".
Tras unha pausa para o café, baixo a coordinación da Cooperativa Xallas, tomará a palabra Carlos Carbonell para expor o manexo de tenreiras en amamantadoras.