A Asociación EFA Fonteboa impartirá ata tres sesións do Foro Empresarial Lácteo: Escenarios, estratexias e indicadores de eficiencia. Terán lugar no Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa os venres 27 de xaneiro, 3 de febreiro e 10 de febreiro. Para inscribirse, o cal leva consigo o compromiso de asistir ás tres sesións programadas, débese enviar un correo a luis.garcia@efagalicia.org cos seguintes datos: nome e apelidos, empresa, dirección e teléfono de contacto. As prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscrición.
O 27 de xaneiro, José Luis Antuña Álvarez, conselleiro de Quescrem, falará sobre a produción de leite nun contexto de globalización e de segmentación dos mercados. O 3 de febreiro, Rafael Prieto Rodríguez, de Gestratec, centrará a súa presentación na estratexia empresarial na produción de leite. Na última sesión, o 10 de febreiro, o tema principal que abordarán José Carlos Gutiérrez Muñoz e Asunción Teresa Pendón, de Gestratec, será os indicadores de eficiencia na xestión empresarial.
Os obxectivos dos cursos son concienciar sobre os principios do crecemento sustentable do sector agrogandeiro galego, facilitar habilidades e competencias para a análise de datos e escenarios de futuro e axudar á concreción de plans de mellora profesional e empresarial a partir da dinámica do traballo de grupo, análise de casos e asesoramento persoal.