Venturo Thunder Storm Almira lévase o premio de xovenca gran campiona de GandAgro 2023

Venturo Thunder Storm Almira lévase o premio de xovenca gran campiona de GandAgro 2023

A xovenca Venturo Thunder Storm Almira, propiedade da gandería Casa Venturo (Asturias), acaba de converterse na xovenca gran campiona do concurso internacional GandAgro 2023 por decisión do xuíz canadense Brian Carscadden. A gran campiona da competición rexional galega foi Rey 1085 Moovin Soly ET, propiedade de SAT Rey de Miñotelo (A Pastoriza, Lugo), que tamén foi elixida como reserva de xovenca gran campiona do concurso internacional.

O concurso continuará esta tarde, a partir das 15:30 h, coas seccións de vacas en lactación.