INEO, a Asociación de Empresas de Tecnoloxía de Galicia, celebrou esta mañá a gala de entrega de Premios á Dixitalización, no marco do proxecto da súa Oficina Acelera Pyme, outorgado á patronal galega por Red.es por segunda convocatoria consecutiva.
O traballo de Seragro, cooperativa que ofrece servizos a explotacións de vacún de leite, foi recoñecido co premio á dixitalización no medio rural, que recolleu Zoilo Formoso. Tamén recibiron un galardón Hogar y Clínica San Rafael, á empresa con maior impacto social a través da tecnoloxía; Beatriz Casal Novoa “Librería Arte y Ciencia”, ao emprendemento dixital con impacto local; Centro Juan María, á educación e capacitación dixital, e Envita Digital Solutions SL, ao liderado feminino en transformación dixital.
Coa creación dos Premios á Dixitalización, INEO busca recoñecer o impacto económico, social e territorial das pemes e autónomos galegos que están liderando procesos de transformación dixital.