Dende hoxe e ata o domingo o recinto feiral de Santana (San Miguel, Azores) acollerá o VIII Concurso Micaelense da Raza Holstein Frisia de Outono, que será xulgado polo canadense Brent Howe.
Hoxe, ás 18:30 horas, hora local (19:30 h en Portugal | 20:30 h en España), será a quenda das xatas e xovencas. O sábado, a partir das 19:00 horas (20:00 h en Portugal | 21:00 horas en España) sairán á pista as vacas para coñecer á gran campiona da cita. O domingo celebrarase o concurso de manexadores e realizarase a entrega de premios.
Sígueo en directo en Vaca TV