Mañá ao mediodía terá lugar o cuarto encontro virtual entre gandeiros galegos e representantes do Ministerio de Agricultura de Israel, promovido pola embaixada de Israel en España. Nesta ocasión poderase seguir en streaming e os temas tratados serán o aumento do rendemento produtivo das explotacións nos últimos anos e o manexo do hato no século XXI.
Ao finalizar as exposicións, a cargo de Ronen Feigenbaum e Gabo Altmark, haberá unha rolda de preguntas na que, como vén sendo habitual, poderá participar a audiencia deixando as súas cuestións nos comentarios.