Consulta xa o listado de animais que se venderán este sábado en Chantada

Consulta xa o listado de animais que se venderán este sábado en Chantada

O mercado gandeiro de Chantada acollerá este sábado, 11 de marzo, unha poxa de gando frisón organizada por Africor Lugo, en colaboración co Concello de Chantada e a cooperativa Aira.  A partir das 12:00 h poranse á venda un total de 13 vacas paridas e 5 xovencas próximas ao parto.

Coa colaboración de Xenética Fontao, os compradores recibirán tres doses de Gigantic e tres de Gabrielle por cada animal adquirido na poxa.