Tineo celebra esta fin de semana os seus concursos de gando

Tineo celebra esta fin de semana os seus concursos de gando

O recinto feiral de Santa Teresa acollerá esta fin de semana, 4 e 5 de setembro, a 30.ª edición do Concurso de Gando de Tineo no que se xulgarán animais de raza Holstein e Asturiana de los Valles.

As frisonas serán xulgadas por Quim Sabriá e sairán a pista a partir das 17 horas, que comezarán as seccións de xatas e xovencas. Será a partir das 21 horas cando se xulguen as vacas.

O concurso de raza Asturiana de los Valles, cuxo xuíz será Eliseo González, terá lugar entre o sábado pola mañá, a partir das 10 horas serán xulgados os animais de tipo normal, e o domingo, que terá lugar o certame de dobre grupa desde as 10 horas.