GANADERÍA AS RÍAS SAT. TORDOIA (A CORUÑA)

Tripla de gandeiros

No último número especial sobre a sementeira do millo forraxeiro, Vaca Pinta 30, quixemos coñecer os gañadores do noso concurso “Outra vaca no millo 2021”: os irmáns Castro Recouso. Begoña, Raquel e José Ramón son os tres propietarios de Ganadería As Rías SAT, unha granxa herdada de seus pais na que suman a día de hoxe, tras anos de crecemento, un total de 400 cabezas.