Este sábado 11 de maio, durante o tradicional Mercado de San Isidro Labrador de Sarria (Lugo), Africor Lugo organizou a súa poxa anual de gando frisón na localidade.
Sacáronse a poxa 16 exemplares, 13 vacas de primeiro parto e 3 xovencas. Á fin do evento, conseguírase dar saída a 14 dos animais que saíran a pista, cun prezo medio de 2.557 euros e un volume total de negocio de 35.798 euros.
O animal que acadou o prezo máis alto foi unha filla de Genuine presentada pola gandería Antonio da Laura e mercada pola gandería Pena Guisande por 3.200 euros.