Unión de Uniones de Agricultores e Gandeiros, tras coñecer as ofertas presentadas a gandeiros de leite por parte de varias industrias, cunha baixada do prezo ao gandeiro, denuncia que con esta medida só se consegue unha aceleración da desaparición do sector. Así, Unión de Uniones considera incomprensible que a industria expoña unha baixada no prezo do leite, o cal situaría ao gandeiro producindo por debaixo de custo e incumpriríase a lei da cadea.
A organización recorda que en 2022 non se pararon de pechar granxas de leite, unha media de 66 ganderías ao mes. Neste sentido, insiste en que o número de vacas de leite se encontra en mínimo e, se se mantén esta situación, todo apunta a unha nova dinámica de sacrificio de animais e perda de produción.
"Con independencia das razóns que queiran darnos, parécenos surrealista que teñamos que estar explicando por que queremos ou necesitamos cubrir custos. Non deberiamos estar así, hai unha lei da cadea que obriga a pagar por encima de custo e débese cumprir. Punto", aseveran desde a organización.
Unión de Uniones indica que as industrias séguense saltando as normas de negociación contractual no leite presentando ofertas fóra de prazo, forzando ao gandeiro a firmar contratos con data anterior á real e incluíndo cláusulas que xa non son obrigatorias por lei. "Baixar o prezo ao gandeiro pode parecer positivo a curto prazo para o consumidor, pero destrúe ao primeiro eslabón dun produto básico a medio e longo prazo. O problema será de toda a sociedade", conclúen.