V Concurso de Fotografía 'Outra Vaca No Millo'

V Concurso de Fotografía 'Outra Vaca No Millo'

Vaca Pinta convoca a quinta edición do concurso fotográfico “Outra Vaca No Millo”, cuxo premio consta do noso trofeo Vaca Pinta, dun pack de sementes para 2 hectáreas de millo que nos proporcionou Botica do Campo e dun lote de produtos de Vaca Shop.

  • O concurso está aberto a todo o mundo.
  • Cada persoa poderá mandar un máximo de 6 fotos.
  • Os participantes teñen de prazo para enviar as súas imaxes relacionadas coa temática proposta ata o luns 16 de outubro (ás 18:00 horas).
  • As fotografías pódense enviar a través da nosa páxina de Facebook (mediante mensaxe directa, como comentario ou etiquetándonos na publicación do seu perfil), por WhatsApp ou por correo electrónico, sempre indicando o nome do autor da mesma.
  • Non se aceptarán fotos que xa participasen en edicións anteriores do concurso.
  • O noso equipo publicará as imaxes a medida que as vaia recibindo nun álbum de Facebook e os nosos seguidores poderán votar por elas desde hoxe mesmo e ata o mércores 30 de outubro ás 14:00 horas.
  • Ese mesmo día faremos o reconto de votos e anunciaremos o nome do gañador.

DÚBIDAS FRECUENTES 

Só servirán para o reconto os 'Gústame' que consiga a fotografía subida directamente ao álbum do concurso no noso Facebook, é dicir, que os participantes poderán compartir esta foto nos seus perfís para sumar 'Gústame', pero non contaremos as impresións que conseguisen por esa imaxe nunha publicación independente. 

Con este concurso queremos que saquedes o voso lado simpático e creativo, polo que desde Vaca Pinta nos reservamos o dereito a seleccionar que fotos publicar no caso de que unha mesma persoa nos envíe dúas ou máis fotos similares. Se damos a posibilidade de enviar máis dunha fotografía... é para que teñades máis opcións! Non malgastedes a oportunidade enviando a mesma imaxe desde seis ángulos distintos. 

Gañará a foto que máis likes reciba, non o autor que, sumando todas as fotos presentadas, acumule un maior número de interaccións.