A Vaca e o Carballo, novo monumento en Lugo como homenaxe ao rural galego

A Vaca e o Carballo, novo monumento en Lugo como homenaxe ao rural galego

Casa Grande de Xanceda e o Concello de Lugo instalaron onte na Praza Maior da cidade unha estatua de madeira. A obra, fabricada cunha motoserra polo artista Yosi Fervenza, foi denominada como "A Vaca e o Carballo" e con ela pretenden homenaxear ao rural e aos seus valores, aos gandeiros e agricultores e ás vacas.

Desde a granxa expoñen que "todas as urbes teñen o seu monumento, como o Oso e o Madroño ou a Catedral de Santiago, pero cal é o monumento do rural?". O Concello de Lugo lembra que "é necesario que a xente das cidades se conciencie sobre a importancia dos gandeiros e agricultores para a sociedade e da necesidade de apoiar ao rural galego para evitar abandono, monocultivos e incendios".