Serrada Chantel Chief, vaca gran campiona GandAgro 2023

Serrada Chantel Chief, vaca gran campiona GandAgro 2023

O triunfo entre as vacas participantes do Open de frisón GandAgro 2023 foi para Serrada Chantel Chief, propiedade de La Serrada & Quim S. & Agriber & Quality & Jose A. Hernández, tal e como decidiu esta tarde o xuíz canadense Brian Carscadden. O título de gran campiona de Galicia conseguiuno Rey 814 Beemer Yuri, da gandería SAT Rey de Miñotelo, quen tamén foi seleccionada como subcampiona na categoría de vaca gran campiona internacional.