Por cuarto ano consecutivo, Vaca Pinta, a revista técnica do vacún leiteiro, certifica de maneira oficial a súa tirada correspondente a 2021. Acreditamos así unha tirada media de 17.204 exemplares por número, que se distribúen entre gandeiros, veterinarios, técnicos, casas comerciais e demais profesionais do sector vacún leiteiro de España e Portugal tanto por correo postal como a través de asociacións e cooperativas coas que colaboramos. A entidade oficial encargada de realizar as auditorías de audiencia OJD, para medios de pago, e PGD, para medios gratuítos, é Información y Control de Publicaciones SA.
Só dúas revistas do sector agrogandeiro certifican a súa tirada. Un delas é Vaca Pinta e a outra é Albéitar, dirixida a técnicos veterinarios de produción animal.
Informe anual PGD de Vaca Pinta correspondente ao ano 2021
ESTAMOS ONDE TEMOS QUE ESTAR. CHEGAMOS ONDE TEMOS QUE CHEGAR
Durante 2021 continuamos potenciando a nosa presenza on-line. As nosas plataformas convértennos no medio de comunicación referente do sector vacún de leite na península ibérica, tanto pola calidade do contido como pola diversidade de formatos ofrecidos. Así o referendan os nosos lectores, seguidores e anunciantes.
No noso empeño por traballar coa máxima transparencia con os nosos lectores e os nosos anunciantes, aproveitamos a ocasión para compartir os últimos datos dos distintos soportes que Vaca Pinta:
Páxina web (www.vacapinta.com): 216.737 usuarios únicos (2021)
Facebook (@revistavacapinta): 25.000 seguidores
Instagram (@transmedia.vacatv): 1.880 seguidores
Twitter (@VacaPinta_): 1.580 seguidores
YouTube (Vaca TV - Transmedia): 3.800 subscritores
Linkedin (Revista Vaca Pinta): 1.130 seguidores
Reproducións de vídeo: 238.000 durante 2021, cun total de 54.400 usuarios únicos
Newsletter: envío bimensual a máis de 2.400 persoas
UN EQUIPO MULTIDISCIPLINAR PARA UN CONTIDO DA MÁXIMA CALIDADE
O noso persoal está specializado e preparado para responder ás necesidades multiplataforma dos nosos clientes. Ofrecer un contido completo e da máxima calidade é o noso obxectivo principal e, para iso, estamos orgullosos de rodearnos dunha ampla carteira de colaboradores referentes no sector, da man dos que abordamos todos os temas técnicos claves do vacún leiteiro (alimentación, benestar animal, manexo, sanidade, recría, xenética, reprodución, agricultura, maquinaria...) e presentamos as valoracións máis detalladas respecto das últimas novidades. Estamos a pé de granxa e alí onde se requiren os nosos servizos. Realizamos reportaxes en explotacións e entrevistas, damos cobertura a feiras, xornadas, concursos e poxas de gando e as empresas líderes do sector confían nos nosos soportes para presentar os seus últimos lanzamentos.