Vaca Pinta, a revista técnica do vacún leiteiro, certifica de maneira oficial a súa tiraxe correspondente a 2023. É o sexto ano consecutivo que acreditamos a nosa tiraxe e en 2023 o informe rexistra unha media de 15.920 exemplares por número, que se distribúen entre gandeiros, veterinarios, técnicos, casas comerciais e demais profesionais do sector vacún leiteiro de España e Portugal tanto por correo postal como a través de asociacións e cooperativas coas que colaboramos. A entidade oficial encargada de realizar as auditorías de audiencia OJD, para medios de pago, e PGD, para medios gratuítos, é Información y Control de Publicaciones SA.
Só dúas revistas do sector agrogandeiro certifican a súa tiraxe. Unha delas é Vaca Pinta e a outra é Albéitar, dirixida a técnicos veterinarios de produción animal.
Informe anual PGD de Vaca Pinta correspondente ao ano 2023
ESTAMOS ONDE TEMOS QUE ESTAR. CHEGAMOS ONDE TEMOS QUE CHEGAR
Durante 2023 continuamos potenciando a nosa presenza on-line, co lanzamento da nosa tenda de merchandising, Vaca Shop, e coa presentación do noso canal de podcasts, Vaca Podcast. As nosas plataformas convértennos no medio de comunicación referente do sector vacún de leite na península ibérica, tanto pola calidade do contido como pola diversidade de formatos ofrecidos. Así o referendan os nosos lectores, seguidores e anunciantes.
No noso empeño por traballar coa máxima transparencia cos nosos lectores e os nosos anunciantes, aproveitamos a ocasión para compartir os últimos datos dos distintos soportes que compoñen Vaca Pinta:
Páxina web (vacapinta.com): 20.453 usuarios únicos ao mes con 54.014 visitas ao mes (2023)
Facebook (@revistavacapinta): 27.896 seguidores
Instagram (@transmedia.vacatv): 2.547 seguidores
Twitter (@VacaPinta_): 1.759 seguidores
YouTube (Vaca TV - Transmedia): 4.450 suscriptores
Linkedin (Revista Vaca Pinta): 4.404 seguidores
Reproducciones de vídeo: 387.600 durante 2023
Newsletter: envío bimensual a máis de 2.500 personas
TRANSMEDIA CUMPLE 20 ANOS CUN EQUIPO MULTIDISCIPLINAR PARA UN CONTIDO DA MÁXIMA CALIDADE
A empresa editora de Vaca Pinta cumple 20 anos e o noso persoal está specializado e preparado para responder ás necesidades multiplataforma dos nosos clientes. Ofrecer un contido completo e da máxima calidade é o noso obxectivo principal e, para iso, estamos orgullosos de rodearnos dunha ampla carteira de colaboradores referentes no sector, da man dos que abordamos todos os temas técnicos claves do vacún leiteiro (alimentación, benestar animal, manexo, sanidade, recría, xenética, reprodución, agricultura, maquinaria...) e presentamos as valoracións máis detalladas respecto das últimas novidades. Estamos a pé de granxa e alí onde se requiren os nosos servizos. Realizamos reportaxes en explotacións e entrevistas, damos cobertura a feiras, xornadas, concursos e poxas de gando e as empresas líderes do sector confían nos nosos soportes para presentar os seus últimos lanzamentos.