No marco da feira Agropec que se celebrará no Recinto Feiral Luis Adaro de Gijón do venres 24 ao domingo 26, este sábado terá lugar o 41º Concurso Nacional da Raza Frisona de Conafe. Xulgado polo barcelonés Poll Collell, durante a mañá do sábado sairán a pista os animais das seccións de xatas e xovencas e pola tarde será a quenda das vacas en lactación, completando así o concurso nunha única xornada. Na mañá do domingo celebrarase o XX Campionato Nacional de Manexadores e, ese mesmo día a partir das 13:00 horas, terá lugar o Concurso Nacional da Raza Parda. Os tres certames se poderán seguir en directo a través das canles de Vaca Pinta.
Sábado 25, a partir das 10:00 horas
Domingo 26, a partir das 10:30 horas
Domingo 26, a partir das 13:00 horas