Vaca Pinta emitirá en directo os concursos nacionais de frisonas e pardas desta fin de semana

Vaca Pinta emitirá en directo os concursos nacionais de frisonas e pardas desta fin de semana

O recinto feiral Luis Adaro de Xixón será o escenario, un ano máis, no que as mellores frisonas e pardas do panorama nacional se vexan as caras. O venres 23 daranse cita as xatas, xovencas e vacas pardas, que serán xulgadas a partir das 16:00 h polo xuíz italiano Daniele Galbardi.

O sábado 24 estará dedicado ao certame da raza frisona, xulgado polo húngaro Zsolt Kőrösi. Pola mañá sairán a pista os animais das seccións de xatas e xovencas e pola tarde será a quenda das vacas en lactación, completando así o concurso nunha única xornada. Na mañá do domingo celebrarase o XXI Campionato Nacional de Manexadores.

Venres 23, a partir das 16:00 horas
Sábado 24, a partir das 10:00 horas
Sábado 24, a partir das 15:00 horas