Vaca Pinta volven a Figan

Vaca Pinta volven a Figan

A Feira de Zaragoza acolle esta semana unha nova edición de Figan, a feira de gandería máis importante do país. Prevista para principios de ano como viña sendo habitual ultimamente, a organización decidiu atrasala á espera de que mellorase a situación sociosanitaria e agora, por fin, volverá abrir as súas portas do 21 ao 24 de setembro. 

Vaca Pinta volverá estar presente nesta cita cunha caseta no pavillón 6 que vos convidamos a visitar para levarvos os últimos números da nosa revista. Esperámosvos!