Valencia de Don Juan acolle mañá a décima Xornada Provincial de Afrile

Valencia de Don Juan acolle mañá a décima Xornada Provincial de Afrile

A Asociación Frisona Leonesa (Afrile) celebra mañá venres, 24 de novembro, a 10.ª edición da súa Xornada Provincial, coa que pretende seguir difundindo e debatendo sobre os diferentes puntos de vista sobre o futuro do sector do vacún leiteiro. O encontro terá lugar no Hotel Valjunco, de Valencia de Don Juan (León) e será retransmitido por Vaca TV.

A cita dará comezo ás 12:00 horas coa presentación da xornada a cargo do presidente de Afrile, Froilán García. A continuación, Eugenio Miranda, xefe da área de Produción Agropecuaria, Asociacionismo e Cadea Alimentaria do Servizo Territorial de Agricultura e Gandería de León, desenvolverá o relatorio titulado "Organización sectorial bovina". Seguidamente, será a quenda de Francisco Javier Giráldez, investigador do Instituto Gandeiro de Montaña (CSIC), que falará da produción de ruminantes, do seu impacto ambiental, da competencia polos recursos e da saúde dos consumidores. Para pechar a sesión, levarase a cabo unha mesa redonda moderada por Gregorio Alcántara, director xerente da Federación Frisona de Castela e León.

A xornada finalizará cunha comida e coa entrega dos diplomas ás mellores vacas e ganderías da provincia.