O sábado 25 de xaneiro celebrarase a terceira edición da poxa de gando frisón do municipio lucense de Friol, organizada por Africor Lugo en colaboración co Concello friolés. O evento comezará ás 12:00 h no mercado gandeiro da localidade.
En total, ofreceranse 16 vacas, cinco xovencas e once paridas. Todos os animais naceron e foron criados en ganderías lucenses, ademais de pasar as probas de saúde correspondentes no último mes.
Os compradores recibirán tres doses do touro Milord e outras 3 de Strofa, grazas á colaboración de Xenética Fontao.
Africor Lugo comeza o 2025 con esta poxa, que tivo que pospoñerse da súa data prevista polas condicións sanitarias.