Queirugueira Sporting 849 vendida por 6.050 euros na poxa de Ordes

Queirugueira Sporting 849 vendida por 6.050 euros na poxa de Ordes

Este domingo 23 de marzo celebrouse en Mesón do Vento a subasta de gando de Ordes, unha cita esperada polo sector e que reuniu a un bo número de gandeiros e compradores interesados na calidade dos exemplares ofertados.

Saíron á venda 14 animais, vendéronse todos, cun prezo medio de 3.371 euros. O animal máis cotizado foi Queirugueira Sporting 849, que alcanzou os 6.050 euros e foi adquirido por Ganadería Xesteiro de Zas (A Coruña).

Desde a organización destacaron o éxito da poxa e a boa acollida por parte do sector, poñendo en valor a calidade dos animais da poxa e o interese que seguen a espertar entre os compradores.

Resultados completos: