Penelas Logistics Candelaria, vendida en 3.100 euros a gandería López Lampaza de Sober

Penelas Logistics Candelaria, vendida en 3.100 euros a gandería López Lampaza de Sober

O mercado gandeiro de Chantada acolleu esta mañá unha nova edición da poxa de gando frisón da localidade. Organizada por Africor Lugo en colaboración co Concello de Chantada e a cooperativa Aira, puxéronse á venda un total de 19 animais.

Vendéronse 17 vacas e xovencas das 19 sacadas a pista, o volume de facturación chegou aos 41.800 euros e o prezo medio alcanzou os 2.459 euros.

Penelas Logistics Candelaria, presentada pola gandería Penelas (Castro de Rei), foi o animal que logrou o maior prezo de venda. Foi vendida á gandería López Lampaza (Sober) por 3.100 euros.

Todos os compradores recibiron, por cortesía de Xenética Fontao, tres doses de Sundowner e tres de Ripley por cada animal adquirido na poxa.