Este sábado, Treceño (Váldáliga, Cantabria) acolleu unha nova edición do Concurso de Raza Frisona San Bernabé. O certame foi xulgado polo cántabro José Manuel Paz Conde, quen se estreou no devandito concurso hai máis de 20 anos.
Llera Jordy Oscar Roja ET, de Llera Her SC (Caviedes, Valdáliga), foi nomeada vaca gran campiona do evento, tras logar o título de vaca intermedia campiona e mellor ubre do concurso. Pola súa banda, Cudaña Lorna Crushabull, de Cudaña (Labarces, Valdáliga), e Sarabia Dulce Windbrook, de Sarabia Isla SC (Solórzano), recibiron os galardóns de vaca nova campioa e vaca adulta campiona, respectivamente. O premio de mellor rabaño foi para Llera Her SC.
O título de gran campiona de xovencas foi para Canton Albertina Jordy Red, de El Cantón SC (El Tejo, Valdáliga). Ademais, Llera Warrior Jor Red, de Llera Her SC, venceu no campionato de xatas.