¡Vitoria en Cantabria para Trespandio Alicia Link Up!

Fotos e información: AFCA (Asociación Frisona de Cantabria)
Fotos e información: AFCA (Asociación Frisona de Cantabria)

As frisonas volven aos poucos ás pistas de concurso. Este fin de semana fixérono as cántabras, no Concurso Rexional de Gando Vacún Frisón de Cantabria 2021 xulgado por Jaume Serrabasa. 

Nas seccións de xatas e xovencas, o elixido como mellor animal do certamen foi Cudaña App Haniko ET, da gandería Cudaña. Como vaca gran campiona rexional saíu vencedora Trespandio Alicia Link Up, propiedade de Sarabia Isla. Este exemplar tamén se fixo co título de mellor ubre.