A Xunta de Galicia pon en valor o pulo de Xenética Fontao no seu 25 aniversario

A Xunta de Galicia pon en valor o pulo de Xenética Fontao no seu 25 aniversario

O goberno galego, a través da consellería de Medio Rural, estivo presente o pasado venres na reunión do Consello de Administración de Xenética Fontao. María José Gómez, responsable deste Departamento, asistiu á cita e puxo de manifesto o impulso desta empresa pública.

Xenética Fontao alcanzou os 25 anos de servizo como centro de referencia en materia de reprodución animal.

No encontro fíxose un balance desta anualidade, que remata cun bo resultado no que respecta á actividade da compañía. Entre outros aspectos, destaca o crecemento do seu laboratorio de xenética molecular.