O Mesón do Vento, de Ordes, acaba de pechar a III Poxa de Gando Frisón en Ordes, organizada por Africor Coruña e o Concello de Ordes. G. Dubra S.C. Scotch 696 , da gandería Dubra S.C. deTrazo, foi o animal que alcanzou o prezo de venda máis alto: 3.00 euros. Foi adquirido por José Ramón Carballeiro Becerra de Tordoia.
Na cita conseguiuse darlle saída aos 10 animais, que sumaron un volume de negocio de 25.300 euros, cun prezo medio de 2.530 euros.