Acaba de finalizar a 23.ª edición da Poxa de Gando Frisón de Santa Comba (A Coruña), organizada por este Concello e por Africor Coruña. O mal tempo restou afluencia de compradores, co que a poxa non foi tan animada como en ocasións anteriores. O evento foi inaugurado por María José Gómez, conselleira de Medio Rural da Xunta de Galicia.
Os animais mellor valorados da xornada foron Grille Maxl 2077, presentado pola gandería Grille, e Chao 9332 ET, presentado pola Ganadería Chao. Foron adquiridos polas granxas Landeira Castro, de Tordoia (A Coruña) e Ganadería Xesteiro de Zas, respectivamente, por un prezo de 3.800 euros.
O volume de vendas foi de 57.750 euros e adquiríronse os 18 animais participantes. O prezo medio por cabeza chegou os 3.208 euros.
Resultados completos:

Información e fotos: Xoan Ramón Alvite
