O campo da feira do Páramo (Lugo) acollerá este vindeiro sábado, 8 de xuño, coincidindo coa feira de primavera da localidade, a primeira poxa de gando frisón organizada por este concello en colaboración con Africor Lugo.
A partir das 12:00 horas poranse á venda un total de 17 animais, a maioría vacas en produción e catro xovencas próximas ao parto.
Desde Africor Lugo afirman que "estas poxas son a mellor opción para adquirir animais por tratarse de exemplares procedentes de ganderías de Lugo, cunha sanidade e xenealoxía contrastada. Ademais de aproveitar o traballo de mellora que están realizando as explotación galegas, estamos contribuindo á economía local".
Toda a información dos lotes que se poxarán, xa está dispoñible neste catálogo.