A localidade pontevedresa de Lalín celebra esta fin de semana a 39.ª edición de Feiradeza e o concurso de gando frisón protagonizará gran parte da programación. Xa podes consultar sobre estas liñas o libro do certame.
A programación arranca hoxe co XXIX Concurso de Mozos Preparadores de Gando, organizado polo Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia e a propia inauguración da feira.
Mañá, sábado 8 de xuño, o día comezará co concurso de xatas e xovencas ás 10:00 da mañá e rematará co concurso de vacas de leite ás 19:00 horas. Ademais, á noite haberá unha festa de peche desta nova edición de Feiradeza.
Finalmente, o domingo 9 poderase asistir ao XLI Concurso de Mozos Manexadores, ademais de a unha poxa de gando frisón. Tras a entrega de premios aos gañadores, clausurarase a feira.