A Confederación de Asociacións de Frisona Española (Conafe) acaba de facer públicos os resultados das avaliacións xenéticas realizadas en xuño. Con estas, cúmprese o primeiro ano da aplicación da nova escala de ICO, das avaliacións de emisións de metano e das valoracións xenómicas do efecto materno para a Facilidade de Parto. Outra das novidades foi un cambio na base xenética, xa que agora trasládase ás vacas nadas en 2014.
A clasificación dos mellores touros por ICO está liderada por Hunter K&L SV Adrian Salvatier (1268), Gigaball ET (1268) e K&L Oh Rossi Guay (1263).
- Listaxe dos 100 mellores touros por ICO
- Listado dos 100 mellores touros por IM€T Leite
- Listado dos 100 mellores touros por IM€T Queixo
- Listado dos 100 mellores touros por IM€T Pasto
- Listado dos 100 mellores touros por IM€T Eco
A clasificación dos mellores touros xenómicos por ICO está encabezada por Glax Delta ET (1333), Ritmo ET (1333) e LSCG Tanxu P Fiv Rede Et (1333).