Xa están dispoñibles os vídeos das ponencias da Reunión de Primavera da SGPF

A VII Reunión de Primavera da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes tivo lugar os días 27 e 28 de maio en Láncara e Vaca Pinta participou destas xornadas recollendo a información que ofrecían cada un dos relatores.

Agora, xa están dispoñibles na sección de tv da nosa web, onde se poden visualizar as diferentes exposicións en vídeo sobre os últimos avances do CIAM e outras persoas relacionadas co sector en canto a pastos e forraxes.

Durante estes días de aprendizaxe intensiva, compartiron datos diversos participantes. Entre eles, o gandeiro Antonio Yáñez, explicou a aplicación de sistemas extensivos de produción de carne na Mariña lucense, mentres que Lida Díaz, enxeñeira agrónoma e gandeira, tratou o mesmo tema, pero en MVMC de Abadín. Por outra banda, Nati González e Fran López, de MVMC Tomiño, trataron a recuperación da actividade gandeira nos montes de Pinzás, un lugar ao que tamén se referiu Juan Valladares, do CIAM, ao abordar experiencias de implantación de pastos.