A técnica veterinaria de Lely Yolanda Trillo é a segunda experta confirmada que participará en La Hora del Robot, o coloquio online bimensual para resolver dúbidas sobre os robots de muxido organizada por Hipra.
Esta segunda sesión celebrarase o martes da próxima semana, a partir das 13:00 horas, e poderá seguirse en directo a través da web e da páxina de Facebook de Vaca Pinta.
TES DÚBIDAS? ENVÍANOLAS ANTES DA EMISIÓN!
Lembrámosvos que os espectadores poderedes enviar en directo, mediante comentario en Facebook, as vosas dúbidas para que Trillo as responda ou, se o preferides, tamén podedes deixar xa os vosos comentarios enviando un mail a redaccion.vacapinta@ctransmedia.com ou a antonio.souto@hipra.com, ou ben escribindo un whatsapp ao 626 290 803.