Zoetis celebrou hoxe na sede madrileña da Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE) un coloquio sobre One Health, no que as partes implicadas, saúde humana, animal e ambiental, debateron sobre os últimos avances e os novos retos da saúde no seu máis amplo sentido.
Foi retransmitido por streaming e contou cuns 200 participantes que tiveron a oportunidade de coñecer o posicionamento dos relatores nunha materia que xa ocupa un papel protagonista na estratexia do goberno estatal de cara ao 2050, para o desenvolvemento a longo prazo do país e en relación a que o G/ acaba de propoñer a creación dunha rede mundial de centros de investigación zoonósica.
Participaron Maria Jesús Lamas, directora da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios; Ismael Aznar, director de Calidade Medioambiental do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico; Rafael Laguens, presidente da Asociación Mundial de Veterinarios (WVA); Sergio Rodríguez, director xeral de Pfizer España; e Félix Hernáez, director xeral e vicepresidente senior de Zoetis Europa do Sur. Cristina Rivero, directora do Departamento de Industria, Enerxía, Medio Ambiente e Clima, da CEOE, actuou de moderadora.