A Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos, Africor Lugo, entregou este venres os galardóns ás mellores ganderías da provincia no 2024.
O recoñecemento segue un criterio de méritos en distintas categorías. Destacan aquelas granxas que traballan pola mellora da súa gandería, con animais rendibles para a produción de leite e, á vez, exemplares lonxevos, que permitan producir leite de boa calidade durante moito tempo.
Porén, para estar nesta selección é necesario entrar na lista das cen mellores por produción, cualificación e índices xenéticos. Segundo este criterio, Casa do Rego (Láncara), Zorro (Sarria) e Lodos e Pérez (A Pastoriza) son as mellores ganderías de Lugo no 2024.
Ademais, Rodasinde, de O Saviñao, conseguiu ser a mellor por produción media por vaca, con 16.403 kg de leite; un recoñecemento que se repite por sexto ano consecutivo.
Pola súa banda, Mantoño Holstein, de Barreiros, foi designada a gandería coa maior media de cualificación morfolóxica, con 88,77 puntos, e SAT Agosto Darriba, de A Pastoriza, nomeada a mellor por índices xenéticos, cunha media de ICO de 1.199.
Mellores ganderías de Lugo en 2024
|
GANDERÍA
|
CONCELLO
|
CUALIFICACIÓN MORFOLÓXICA
|
PRODUCIÓN POR VACA
|
ÍNDICES XENÉTICOS
|
|
CASA DO REGO
|
LÁNCARA
|
83,16
|
15.479
|
1.147
|
|
ZORRO
|
SARRIA |
81,15
|
14.791
|
1.165
|
|
LODOS E PÉREZ
|
A PASTORIZA
|
81,24
|
15.383
|
1.141
|
|
GANDERÍA NEIRAS
|
SARRIA
|
81,92
|
13.466
|
1.134
|
|
TENDEIRO
|
O PÁRAMO
|
81,00
|
14.157
|
1.141
|
|
CASANOVA
|
BALEIRA
|
81,92
|
12.740
|
1.147
|
|
VARELA
|
CASTROVERDE
|
81,47
|
13.993
|
1.131
|
|
ROMEPEN
|
SARRIA
|
81,01
|
12.681
|
1.146
|
|
GANADERÍA
DO REI
|
A PASTORIZA
|
80,62
|
13.642
|
1.132
|
|
LAR DE GRACOZA
|
COSPEITO
|
80,87
|
13.309
|
1.133
|
|
GRANJA ILLOA
|
MONTERROSO | 81,24 |
12.751
|
1.131
|
Os gandeiros recibiron os seus recoñecementos nun encontro que tivo lugar no Hotel Mercure, na cidade de Lugo. Ademais destes premios, o veterinario Oriol Franquesa ofreceu unha ponencia, promovida por Africor Lugo e Vaca Pinta.
O factor humano foi o eixo central da intervención do profesional de Q-Llet, quen analizou o reto de adestrar equipos multiculturais nas salas de muxido.
Franquesa salientou que "non traballamos con vacas, traballamos con persoas" e puxo de manifesto como a xestión eficaz do persoal, desde a súa contratación ata a formación e motivación continua, é crucial para a produtividade e o éxito económico das ganderías.
Nun sector cada vez máis competitivo, asegurou, é fundamental reter talento e fomentar o orgullo polo traballo ben feito.