Africor Lugo presenta a súa Memoria de actividades 2024

A Asociación para o Control Leiteiro Africor Lugo publica un ano máis a súa Memoria, un documento que recolle o traballo desenvolvido pola entidade anualmente.

Estruturada en 21 capítulos, a publicación ofrece unha completa visión dos servizos que se lles prestan aos socios, así como das principais iniciativas realizadas. Entre elas salientan a XVI Xornada Técnica de Produción de Leite, organizada xunto a Vaca Pinta; as distintas poxas destinadas a impulsar e darle visibilidade ao sector; os resultados do Control Leiteiro e os logros alcanzados polas ganderías de referencia da provincia en diferentes categorías, tanto na súa faceta como criadores como na produción de leite.