Tras a Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o día 26 de agosto e feito o escrutinio dos votos, Africor Lugo acaba de facer públicos os nomes das persoas que formarán a Xunta de Goberno. Así resultaron con maior número de votos os seguintes delegados:
D. Manuel Sandamil Cabana, SAT A Vereda, de Castro de Rei.
D. José Alberto Iglesia Vila, SAT Rei de Miñotelo, de A Pastoriza.
Dona María Castro López, Portalousa SC, de Xermade.
D. Gonzalo Balea Vázquez, Callobro Holstein, de Trabada.
D. Julio López Fernández, Quintián, de O Páramo.
D. Fernando López Fernández, Tío Andrés, de Sarria.
D. José Manuel Castro Núñez, De Matías SC, de Lugo.
O vindeiro mércores 2 de setembro terá lugar a reunión na que se asignarán os cargos da nova directiva de Africor Lugo.