Africor Lugo e Vaca Pinta organizan unha xornada técnica con Oriol Franquesa

Africor Lugo e Vaca Pinta organizan unha xornada técnica con Oriol Franquesa

A asociación Africor Lugo e a revista Vaca Pinta promoven unha sesión técnica con Oriol Franquesa. O veterinario ofrecerá unha ponencia titulada “Equipos humanos na sala de muxido. Formación e motivación”.

O encontro terá lugar o venres 27 de xuño ás 12:30 h no Hotel Mercure, situado na cidade de Lugo. A asistencia é libre e gratuíta.

Franquesa é licenciado en Veterinaria no ano 1999 pola Facultade de Veterinaria da Universidade Autónoma de Barcelona e cursou tamén na mesma universidade o Máster en Asesoramento e Xestión de Explotacións de Vacún de Leite nos anos 2003-2004.

No 2005 fundou, xunto co Dr. Demetrio Herrera, QLlet SLP, un grupo veterinario centrado no asesoramento en calidade de leite (rutinas de muxido, mostraxe de leite, estratexias para mellorar os resultados en calidade…), a formación de muxidores, o asesoramento no deseño de instalacións e cow comfort, a verificación de máquinas de muxido, a seguridade alimentaria, a formación para veterinarios en calidade de leite e o control leiteiro en Cataluña.

Ao longo dos seus 15 anos de traxectoria, QLlet prestou servizos de calidade de leite e de formación de veterinarios na maioría dos países de Europa e tamén en Rusia, Brasil, Sudáfrica, China, Xapón e Canadá.

Boehringer Ingelheim e Caixa Rural Galega patrocinan o evento.