O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) e a Oficina Agraria Comarcal de Carballo acaban de anunciar o aprazamento da xornada demostrativa `Mecanización na horta´, que ía ter lugar o vindeiro xoves 13 de agosto nas instalacións do CIAM (Abegondo, A Coruña), a consecuencia da situación sanitaria ocasionada pola covid-19 e as restriccións recollidas no DOG nº 158-Bis do 7 de agosto de 2020.
Quédase á espera de ter unha data que non supoña riscos sanitarios para os participantes.