De novo, a xornada celebrarase en formato on-line e emitirase en aberto desde a páxina de Facebook da Aprolep a partir das 21.30 horas do xoves 4 de marzo.
Baixo o título ‘Como valorizar o leite na futura PAC?’, consistirá nunha mesa redonda que contará coas intervencións de Arlindo Cunha (ex Ministro de Agricultura), Eduardo Diniz (Gabinete de Planificación e Políticas do Ministerio de Agricultura) e Jorge Rita (Federación Agrícola de Azores). A charla estará moderada pola xornalista Teresa Silveira (Agrovida/Vida Económica).