Esta fin de semana o concello asturiano de Llanera celebrou a 50.ª edición do seu Concurso-Exposición de Gando Vacún, no que ademais das competicións de raza frisona e de Asturiana de los Valles celebrouse unha nova edición da poxa de gando.
No certame frisón, Badiola Holstein (Gozón) alzouse co premio de vaca gran campiona e co título de mellor rabaño, mentres que o galardón de xovenca gran campiona foi para Casa Pericón (Llanera).