O municipio de Santa Comba (A Coruña) acolle este xoves día 10 de abril unha xornada sobre produción forraxeira que organizan Botica do Campo e Botica do Xallas coa colaboración de Fertiprado, Fertiberia TECH e Nanta. Será ás 10:30 horas no auditorio municipal da localidade.
O evento comezará coa exposición de Javier Recarey, xefe de área na Oficina Agraria Comarcal de Carballo: "Normativa sobre unha fertilización sostible". Xusto despois chegará a quenda de Teresa Blanco, neoforce pre sales en Fertiberia TECH Europa, que centrará a súa conferencia nos microorganismos aplicados á agricultura do futuro.
A continuación, José Freire, director comercial e de márketing de Fertiprado, afondará nas ferramentas da natureza para incrementar o rendemento das granxas. Os relatorios rematarán co director técnico de vacún leiteiro de Nutreco Animal Nutrition Iberia, Manuel Rondón, que explicará o impacto da dixestibilidade dos forraxes no custo de produción e o rendemento leiteiro. A segunda parte da xornada consistirá nunha visita ao campo de ensaio, para coñecelo de primeira man.
As prazas son limitadas, polo que é necesario inscribirse con antelación. Para confirmar a asistencia, pódese contactar con Pepe Agra (687 515 197), de Botica do Xallas; con Miguel (610 221 404), de Botica do Campo; con Joel Presa (+351 936 222 301) ou Carlos Garrido (673 876 741), de Fertiprado; con Alexandre Paz (636 163 729), de Fertiberia TECH, ou con José Bonome (638 751 952) ou Fran Carnero (660 567 025), de Nanta.