A Asociación Frisona de Cantabria, AFCA, deu a coñecer que un grupo de gandeiros, veterinarios, funcionarios e outros axentes do sector primario de Cantabria promoveron unha campaña de recollida de donativos para axilizar a compra de material de primeira necesidade para os sanitarios dos hospitais de Cantabria, pois estanse a producir moitos contaxios por non dispor destes equipos de protección axeitados.
Para iso habilitaron un número de conta onde se poden realizar as doazóns: ES68 0049 6743 112216094975 (Concepto: Plataforma Sector Primario Cantabria).
Co diñeiro que se recade farase chegar este tipo de material directamente aos hospitais de Cantabria canto antes. En aras dunha total transparencia, publicaranse as cantidades recadadas, as compras realizadas e os destinatarios das mesmas.