A Central de Frades entregou os premios Raíz e Semente Cooperativa na súa Asamblea Xeral

A Central de Frades entregou os premios Raíz e Semente Cooperativa na súa Asamblea Xeral

A Cooperativa Central de Frades celebrou o 4 de xullo a súa Asamblea Xeral Ordinaria, no restaurante O Cadaval, en Ledoira, Frades (A Coruña). Na xornada entregáronse os galardóns Raíz e Semente Cooperativa, que conmemoran a traxectoria, o compromiso e o futuro dos gandeiros coa entidade.

Antonio Sánchez, do concello de Mesía, recibiu o Galardón Raíz Cooperativa 2025 por ser unha figura clave na profesionalización da sociedade, tras exercer como presidente na década dos 90.

O Galardón Semente Cooperativa 2025 recoñeceu o talento de Nicolás Andrade, un mozo de 25 anos, gandeiro de Frades, que representa a remuda xeracional. "Este premio é un orgullo, porque sendo unha das persoas máis novas síntome parte dun futuro que xa está en marcha", afirmou.

O acto rematou cun recoñecemento especial ao gandeiro e comunicador Víctor Bascoy, de Oza-Cesuras, que levou o Galardón ao Mellor Presentador Cooperativo Hoxe e Sempre. Destacaron a súa implicación constante coa cooperativa e a súa capacidade para visibilizar o sector dunha maneira próxima.

Na actualidade, Central de Frades conta con máis de 700 persoas socias. Na Asemblea aprobouse a memoria económica correspondente a 2024 e renováronse parte dos cargos do consello reitor, que continúa presidindo Jaime Carneiro.