27 NOVEMBRO

O CIAM impartirá un seminario sobre mellora xenética nas explotacións leiteiras para incrementar a rendibilidade

O CIAM impartirá un seminario sobre mellora xenética nas explotacións leiteiras para incrementar a rendibilidade

O vindeiro 27 de novembro terá lugar no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) un seminario práctico no que se abordará o incremento da rendibilidade das explotacións leiteiras a través da mellora xenética. Os encargados de trasladar os coñecementos aos asistentes serán Ramiro Fouz (profesor da Área de Produción Animal da Facultade de Veterinaria de Lugo), Alejandro Fernández (xefe da Área de Selección e Mellora Xenética de Xenética Fontao) e Manuel López (director do CIAM).

O curso é de carácter gratuito e dá dereito a un certificado de asistencia. As solicitudes pódense descargar aquí ou directamente na páxina web do CIAM e deberanse remitir por correo electrónico a ciam.cmr@xunta.gal ou por fax (881 881 800).

O número de prazas dispoñibles é de 20, que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. O prazo para facelo estará aberto ata o 26 de novembro ás 15.00 horas.

Programa do seminario (PDF)