Así foi declarado polo Goberno central o sector lácteo durante o estado de alarma que vivimos desde o pasado 14 de marzo: esencial, por producir un dos alimentos básicos para a nutrición de toda a poboación. Todos os traballadores e empresas ligadas a este colectivo tiveron que continuar co seu labor diario e en Vaca Pinta 17 quixemos coñecer como foi e como é a súa realidade.
Os elos da cadea responsable da produción de produtos lácteos –gandeiros, veterinarios, empresas provedoras e cooperativas; industrias e distribución– non puideron quedar na casa durante a pandemia provocada polo coronavirus SARS-CoV-2 e incluso tiveron que adoptar medidas de maneira inmediata para afrontar a situación que veu enriba da sociedade coma un tsunami, alterando a normalidade na que se vivía e non para precisamente un curto prazo. A covid-19 chegaba a España con forza e para quedar por unha boa tempada.
Xa a semana anterior á declaración do estado de alarma os consumidores comezaron a facer unha provisión desmesurada de leite e de produtos lácteos e a demanda comezou a dispararse encarecidamente. Tanto as industrias como a distribución –falamos con CLUN, Covap, Lactalis, Leite Gaza, Pascual e a Asociación Española de Distribuidores, Autoservicios y Supermercados (Asedas)– recoñecen este aumento das vendas, aínda que fan fincapé na boa reacción da cadea de valor ao non incrementar os prezos dos produtos nin verse afectados, polo momento, os produtores con baixadas nos prezos do leite. Algo que os gandeiros de todo o territorio peninsular –pulsamos a realidade tanto en España como en Portugal– ratifican, a pesar de mostrar o seu temor a que toda esta crise acabe por afectarlle ao prezo do leite.
Gandeiros de todo o país amosaron o seu temor a que toda esta crise acabe por afectar no prezo do leite
Este e a caída da venda das vacas de desvelle e do seu prezo, provocada polo bloqueo da actividade nos matadoiros e o peche da canle Horeca, habitual comercializador de pezas de alto valor, son os principais problemas que nos transmitiron os gandeiros dedicados á venda de leite líquido. O seu día a día non se viu moi afectado, tan só notaron cambios no descenso das visitas de técnicos e comerciais e na aplicación, a maiores, de certas medidas de seguridade como o traballo con máscara de protección ou a distancia de seguridade coas persoas externas á granxa.
Non é o mesmo caso que nos contan os gandeiros que se dedican a transformar o seu propio produto. A caída da hostalería e do turismo son os principais causantes de que tivesen que reorientar o seu negocio, vender a totalidade ou case do leite producido á industria coa que traballan e de que se visen obrigados a buscar novas saídas para os produtos xa almacenados.
As empresas provedoras de servizos –coma De Heus, Nanta, Seragro SCG ou Transformacións Agrarias Caseiro– e as cooperativas –CLUN, Covap ou Aira– realizaron axustes nas súas fábricas e os seus transportes para cumprir coa normativa sanitaria e salvagardar a seguridade de clientes e traballadores. Nesta mesma liña actuaron os veterinarios, quen reduciron as súas visitas ás explotacións, fomentaron o teletraballo sempre que lles foi posible e realizaron tarefas de asesoramento para reforzar a bioseguridade nas granxas durante esta pandemia.
Industrias e distribución fan fincapé na boa reacción da cadea de valor ao non incrementar os prezos dos produtos
A covid-19 provocou un cambio nas vidas de todos os profesionais implicados no sector lácteo, deu lugar a reivindicacións –como que a situación excedentaria que está a sufrir a UE poida prexudicar os produtores españois coa entrada de leite e produtos lácteos a prezos máis baixos que tiren ao chan as cotizacións no noso país, que a gandería non era a principal responsable dos problemas de contaminación que sofre o planeta ou que os veterinarios tiñan que estar presentes no Comité Científico Técnico Covid-19 asesor do Goberno polos seus coñecementos en microbioloxía, inmunoloxía e zoonose– e salpicou a todos da incerteza coa que convive a sociedade polo novo e inesperado que é este virus.
Aínda así, sempre hai oco para as boas iniciativas, que neste colectivo tamén xurdiron: campañas informativas e solidarias, doazóns, vídeos espontáneos nos que mostrarlle ao mundo o que fai o sector lácteo... e todo de maneira altruísta para axudarlles ás persoas de arredor ou para simplemente sacar un sorriso nestes tempos difíciles.
Todos e cada un dos implicados nesta cadea, aínda con perspectivas e compromisos diferentes, no que si están de acordo é en que o lácteo non se pode considerar como un sector esencial só en momentos de crise, senón que debe ser recoñecido sempre e, a partir de agora, como tal.
OS GANDEIROS: O ELO DE PARTIDA QUE NON PODE PARAR
|
|
(Planillo Holstein - Cascante, Navarra)
|
|
|
|
|
VETERINARIOS: MÁIS PROTEXIDOS E CON MENOS DESPRAZAMENTOS
|
|
|
|
COOPERATIVAS, FÁBRICAS E EMPRESAS DE SERVIZOS: ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E IMPRESCINDIBLES
|
José Manuel López (presidente)
|
José Ángel Blanco (presidente)
|
|
|
|
|
A INDUSTRIA FAI UNHA CHAMADA Á CALMA E BUSCA A ESTABILIDADE
|
(director de Actividade Láctea e Compras)
|
|
|
|
Asociación Española de Distribuidores, Autoservizos e Supermercados (Asedas): |
|
UNHA OLLADA Á SITUACIÓN EN PORTUGAL
|
Asociación de Productores de Leite de Portugal (Aprolep):
|
Monte Inglês (Fajã de Cima, San Miguel, Azores)
|
































