MANUEL FERNÁNDEZ, VOGAL DE XESTIÓN DE EXPLOTACIÓNS E INSTALACIÓNS DE ANEMBE

“O veterinario asesor debe partir de que se o seu cliente gaña diñeiro coa súa granxa, cumpriu co seu traballo; se o perde, a súa misión fracasou"

En Vaca Pinta 25 conversamos con Manuel Fernández, vogal de Xestión de Anembe, quen nos explicou, entre outros temas, cales son os principais obxectivos da súa vogalía, os retos da súa profesión en materia de xestión e as estratexias que se deben seguir para lograr optimizar o rendemento das nosas granxas.