Acabamos de recibir a certificación anual de tirada da revista Vaca Pinta correspondente ao ano 2020, a cal nos acredita unha tirada media de 16.966 exemplares por número, que se distribúen entre gandeiros, veterinarios, técnicos, casas comerciais e demais profesionais do sector vacún leiteiro de España e Portugal. A entidade oficial encargada de realizar as auditorías de audiencia OJD, para medios de pago, e PGD, para medios gratuítos, é Información y Control de Publicaciones SA.
Nun ano tan complicado como foi o pasado, e continúa sendo este, seguimos editando e distribuíndo a revista con total normalidade e puntualidade, é dicir, fixemos posible que os nosos lectores a seguisen recibindo nas súas granxas, oficinas e negocios. Así, para compensar as limitacións de mobilidade que estamos a sufrir e que poderían supor un inconveniente á hora de recoller a revista nos puntos de distribución, potenciamos a súa distribución postal. Desta forma, pechamos 2020 con máis de 4.000 exemplares enviados por correo postal a veterinarios e gandeiros, aos que lle temos que sumar a distribución realizada directamente polas asociacións e cooperativas coas que colaboramos entre os seus socios, ademais dos exemplares que pomos a disposición dos lectores nos puntos de distribución.
Só dúas revistas do sector agrogandeiro certifican a súa tirada. Un delas é Vaca Pinta e a outra é Albéitar, dirixida a técnicos veterinarios de produción animal.
Consultar informe anual PGD de Vaca Pinta correspondente ao ano 2020
ESTAMOS ONDE TEMOS QUE ESTAR. CHEGAMOS A ONDE TEMOS QUE CHEGAR
Como non podería ser doutra maneira, tamén potenciamos a nosa presenza on-line. A nosa canle multiplataforma convértenos no medio de comunicación referente do sector vacún de leite na península ibérica, tanto pola calidade do contido como pola diversidade de formatos ofrecidos. Así o referendan os nosos lectores, seguidores e anunciantes.
No noso empeño por traballar coa máxima transparencia de cara aos nosos lectores e os nosos anunciantes, aproveitamos a ocasión para compartir os datos dos distintos soportes que a compoñen:
- Edición impresa da revista. 16.966 exemplares de media por número en 2020 (tirada certificada).
- Páxina web www.vacapinta.com. 26.754 usuarios únicos con 42.285 visitas/mes (datos setembro 2020)
- Facebook @revistavacapinta. 23.000 seguidores
- Instagram @transmedia.vacatv. 1.550 seguidores
- Twitter @VacaPinta_. 1.280 seguidores
- YouTube Vaca TV - Transmedia. 3.300 subscritores
- Reproducións de vídeo nas nosas canles. 78.074 (datos setembro 2020)
- Envío de newsletter a máis de 2.000 persoas
UN EQUIPO MULTIDISCIPLINAR PARA UN CONTIDO DA MÁXIMA CALIDADE