A empresa Entrepinares comunicou unha nova suba no prezo base do leite. O valor aumenta en 25 €/tonelada, situándose agora en 510 €/tonelada, cun mínimo do 3,80 % de graxa e un 3,20 % de proteína.
Ademais, increméntase o valor das primas por calidades. A décima adicional de proteína pagarase a 10 €/tonelada, mentres que a décima adicional de graxa valoraráse en 6 €/tonelada, sempre e cando se manteñan os prezos da manteiga a nivel mundial. No caso de que baixen, a décima adicional de graxa quedará no prezo actual de 5 €/tonelada.
Os novos contratos comezarán o 1 de agosto de 2025 e prolongaranse ata marzo de 2026.