Esta fin de semana, do 4 ao 6 de xullo, o concello pontevedrés de Lalín acolle a XL Feiradeza. No transcurso do evento, celebrarase o concurso de gando frisón.
O sábado, ás 10:00 h, o certame dará comezo coas seccións das xatas e das xovencas. A partir das 19:00 h, xulgaranse as vacas da man do xuíz francés Anthony Le Trionnaire. En total, agárdase a participación de máis de 110 animais.
O venres pola tarde, desenvolverase o XXX Concurso de Novos Preparadores de Gando e o domingo será a quenda do XLII Concurso de Novos Manexadores e da XVI Poxa de gando frisón con 18 animais, na que se porán a venda 18 animais procedentes da Finca Mouriscade.